Feijóo: ‘Serei implacabale na defensa da chegada do AVE a Galicia e en que se cumplan os compromisos”
•A vía da Costa Norte que unirá Ferrol con San Cibrao, non estará rematada, alomenos ata o 2017, con seis anos de retraso
•A desidia do bipartito fai que a comarca se atope sen un só metro cadrado de chan industrial que ofrecer ás empresas
•Ano e medio despois de que Touriño presentase o Plan Ferrol, só se pode confirmar que se trata dun plan insuficiente
“Serei implacable na defensa da chegada do AVE a Galicia e en que se cumplan os compromisos. Ningén me vai frear na defensa dos intereses de Galicia. Precisamos recuperar un goberno que non se cale ante os agravios”, afirmou hoxe o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.
‘A costume do bipartito é prometer e non cumprir e os ferroláns non merecen un Presidente da Xunta que non sexa de fiar’, engadiu o presidente dos populares galegos.
Feijóo, que visitou dentro da campaña ‘Galicia en voz alta’, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, asegurou que só así se pode entender que, nestes tres anos de lexislatura, o bipartito só fora capaz de presentar un Plan Ferrol ‘insuficiente’, deixando á cidade fóra do AVE, das autovías e sen un metro cadrado de chan industrial, necesario para a consolidación de empresas.
CERO QUILÓMETROS
No tocante ás infraestruturas, Feijóo achacou á falla de responsabilidade e liderado de Touriño o feito de que unha das infraestruturas máis importantes para a zona como é a vía da Costa Norte, que unirá Ferrol con San Cibrao e que suporía un revulsivo económico para o norte de Galicia vaía ser retrasada ata o ano 2017, rematando seis anos despois do comprometido.
Asimesmo, lembrou que os veciños da comarca seguen esperando pola mellora da estrada que une Cedeira-Ferrol, pola mellora da comarcal que discorre entre Ferrol e Mañón, cuias obras pararon en San Sadurniño, e pola mellora da vía que vai de Neda a Capela.
COA PLANIFICACIÓN DO PSOE, FERROL NON TERÁ AVE
O líder dos populares galegos considera que o Partido Socialista decidiu descolgar a Ferrol do AVE, encargando un novo estudio informativo para o subtramo Betanzos-Ferrol.
‘O AVE Ferrol-A Coruña –dixo- non só non avanzou nada, senón que a súa situación é moito peor que en marzo de 2004, xa que se decidiu reiniciar toda a tramitación administrativa, acumulándose un retraso mínimo de seis ou sete anos. Coa planificación do PSOE, o tren de alta velocidade non chegará a Ferrol’.
CERO METROS CADRADOS DE SOLO INDUSTRIAL
Feijóo afirmou, tamén, que a actitude do Bipartito fai que a comarca de Ferrolterra se atope sen un só metro cadrado de chan industrial que ofrecer ás empresas que queiran crecer na comarca.
‘En Ferrol, -recordou- o polígono de San Pedro de Leixa, que debería estar finalizado en 2007, non estará ata preto de 2011; a Plataforma loxística de Mandiá-Leixa está esquecida ao igual que o polígono de Cariño e o polígono de Valdoviño, dos que nada se sabe; e logo de tres anos paralizado, aínda se acaba de anunciar a adquisición de terreos para o polígono da Trabe de Cedeira’.
UN PLAN FERROL INSUFICIENTE E INCRUMPRIDO
En relación ao Plan Ferrol, o presidente do PP de Galicia dixo que, ano e medio despois de que Touriño o presentase, só se pode confirmar que se trata dun plan ‘insuficiente, incumprido nun 70%’.
‘Ano e medio despois, -afirmou- seguimos esperando que o señor Touriño faga público ese acordo coa SEPI polos terreos ociosos da antiga Astano; prometeu que nos PXE se contemplaría unha partida para o tren ao Porto Exterior, e non se contemplou nada en ningún lado; e prometeu a estrada ao Porto para o segundo semestre de 2007, cando non a teremos ata ben entrado 2009’.
Diante deste panorama, Feijóo asegurou que para sacar a Ferrol da crise na que a meteron os gobernos socialistas é necesario ‘un plan máis ambicioso, con compromisos concretos, con investimentos e prazos que permitan facer de Ferrol e a súa comarca unha zona de desenvolvemento industrial competitiva’.
O estado de abandono no que se atopan as obras do Auditorio; a desaparición do proxecto para instalar a Axencia Industrial, comprometida pola Consellería de Industria; e a parálise do Plan Director do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide, son outros incumprimentos aos que tamén fixo referencia Núñez Feijóo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario