miércoles, 24 de septiembre de 2008

O PPdeG CHAMA A ATENCIÓN SOBRE A ELEVADA SINISTRALIDADE DE MOTORISTAS E RECLAMA UNHA REFORMA NORMATIVA PARA INSTALAR DOBRE BIONDA NAS VÍAS NOV

•Reitera a proposta de reinvestir en Galicia o 100% da recadacións por sancións de trafico en Galicia

•O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular reclama unha sinalización efectiva de todos puntos negros e insiste na necesidade de potenciar o transporte público, arranxar os tramos perigos, fomentar o civismo ao volante e implantar programas de condución segura orientados á xente nova

•María José Caride reclamou 225 novos axentes de tráfico para Galicia, pero o nulo peso político de Touriño en Madrid levou a Interior a destinar só 42 gardas civís

Fronte ao discurso triunfalista da Xunta en materia de seguridade viaria, o Grupo Popular volveu chamar a atención sobre o incremento do número de accidentes nos que hai motos implicadas e, por iso, reclamou unha actuación específica orientada a este tipo de vehículos. Ao responder, esta tarde, no Parlamento, a unha comparecencia da conselleira de Política Territorial, o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, reclamou unha reforma normativa para obrigar á Xunta a instalar gardarraís de dobre bionda (máis seguros para os motoristas) en todas as vías de nova construción.

Gómez Alonso anunciou que esta será unha das prioridades do futuro Goberno galego do PPdeG, que substituirá todos os quitamedos perigosos de aquí ao ano 2010, comezando polos instalados nos puntos negros máis conflitivos da rede viaria autonómica.

EXCESO DE TRUNFALISMO

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular cuestionou o exceso de triunfalismo que exhibe a conselleira Caride en materia de seguridade viaria ata o punto de rozar a indecencia política e matizou que a redución global do número de vítimas é consecuencia da reforma legal que castiga coa cadea a condución temeraria e implantou o carné por puntos. A redución do número total de vítimas mortais- da que o PPdeG se felicita- non garda relación algunha co plan autonómico anunciado no seu momento por Caride, xa que 9 de cada 10 medidas contempladas nese documento continúan sen ser levadas á práctica.

Por iso, o PPdeG reclama da Xunta o inmediato cumprimento dos grandes compromisos recollidos no plan de seguridade viaria, como o fomento do transporte público, nun momento no que máis de 650.000 galegos continúan sen dispoñer de transporte metropolitano; habilitar as medidas necesarias para, nun horizonte temporal relativamente curto, eliminar os tramos de maior concentración de accidentes da rede viaria galega; fomentar o civismo ao volante a través das correspondentes campañas de sensibilización; e retomar os programas des prevención e formación en seguridade viaria, como Agora Moto, Non Sexas Dummie ou Condución Segura, que foran implantados polo anterior Goberno do PPdeG e foron suprimidos coa chegada do bipartito sen habilitar alternativa algunha, a pesar da elevada responsa social que suscitaran, sobre todos entre os mozos.

O voceiro de Infraestruturas do PPdeG reiterou tamén a necesidade de que Xunta e Goberno central reinvistan en Galicia o 100% do importe recadado na Comunidade Autónoma por sancións en materia de tráfico rodado.

INTERIOR REDUCE Á QUINTA PARTE AS PETICIÓNS DE TOURIÑO

Para reafirmar a inconsistencia das propostas de Caride, Gómez Alonso recordou que a propia conselleira chegou a anunciar que Galicia precisaba incrementar os Efectivos da Garda Civil de Tráfico que presta servizo en Galicia en 225 efectivos. Unha vez máis,a realidade e o nulo peso político de Touriño ante o Goberno central desdebuxaron ese anuncio coa decisión de Interior de asignar a Galicia tan só 42 axentes máis no ano 2008.

Igualmente, e mentres a Xunta solicitou á Dirección Xeral de Tráfico a implantación un plan especial para Galicia co que reducir a elevada sinistralidade. O certo é que dos 70 puntos de control habilitados na rede viaria galega, só o 20% dos radares están situados nos puntos negros das estradas. “O Plan especial quedou nun plan espacial”, agregou o deputado popular.

Na súa intervención, Gómez Alonso cuestionou tamén o escaso entusiasmo autonomista da Xunta actual, como evidencia a negativa do Goberno central a transferir a Galicia as competencias en materia de tráfico, a pesar de que un mandato unánime do Parlamento así o reclama.

No hay comentarios: