PSOE E BNG DAN AS COSTAS AOS VECIÑOS E NÉGANSE A MODIFICAR O VIAL TOMIÑO-GOIÁN, QUE AMEAZA CON ARRASAR Á ZONA MÁIS POBOADA DO CONCELLO
Pérez Ares cuestiona a dobre moral de PSOE e BNG, que no concello de Tomiño rexeitaron o trazado proposto pola Xunta e no Parlamento o apoian esquecendo que antes das Eleccións reclamaban un vial polo monte, comprometido persoalmente por Touriño
Feijóo reuniuse cos veciños afectados que seguiron o debate desde a tribuna de convidados do Hemiciclo, cos que se comprometeu a anular a variante proposta polo bipartito e a construír un trazado menos lesivo despois das próximas Eleccións Autonómicas
A alternativa B elixida polo actual Goberno, é a de peor deseño, máis longa, menos operativo e con máis afeccións a vivendas que a anterior
Os grupos que sustentan ao Goberno bipartito galego volveron dar hoxe as costas aos veciños da comarca do Baixo Miño e negáronse a apoiar, no Pleno do Parlamento, unha iniciativa coa que o Grupo Popular pretendía instar á Xunta a anular os tres trazados alternativos propostos para o tramo Tomiño-Goián da vía de alta capacidade Tui-A Guarda.
A proposta estaba recollida nunha proposición non de lei defendida polo deputado popular César Pérez Ares, que cuestionou a dobre moral de PSOE e BNG, que os levou a rexeitar hoxe en Santiago unha proposta similar á que si apoiaron no concello de Tomiño.
E sorprende tamén o cambio de criterio operado nas filas do PSOE e do BNG en pouco máis de tres anos. Antes das pasadas Eleccións autonómicas, socialistas e nacionalistas rexeitaban calquera proposta (incluso as menos agresivas que as actuais) que non contemplase a execución dun vial polo monte, ata o punto de que o propio Touriño se comprometeu persoalmente a construír ese trazado, alonxado dos núcleos habitados. Sen embargo, desde a chegada do bipartito esa promesa esvaeceuse e a Xunta definiu tres alternativas moito máis agresivas que a prevista anteriormente polo PPdeG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario