lunes, 8 de septiembre de 2008

Gómez Alonso cre que o PSOE especula sobre como ten que ser o AVE galego porque ainda non fixo nada


2012 é unha mentira on é posible falar de datas de remate cando nin tan sequera houbo data de comezo
“As vías do AVE non son rectas nin retorcidas, senón que simplemente non existen”, recorda a Touriño
Cre que “o retorcido son as mentiras de Touriño, quen parece que volta as andadas de cando era Secretario de Infraestruturas”
Considera que o PSOE non quere que todos os partidos participen da Comisión de seguimento do AVE porque “non hai ningunha obra que mostrar, e si demasiadas mentiras que agochar”

O voceiro de infraestructuras do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, considera que “o feito de que a estas alturas o Goberno se estea a replantear como ten que ser o AVE galego é a demostración de que ata o de agora non se fixo nada” polo que non é posible que se cumpran os prazos comprometidos para rematar a infraestructura. Así, lamentou que “unha vez máis Touriño se reitere na mentira do 2012” e considera que, “se as obras estiveran en marcha e avanzaran nos prazos comprometidos non habería lugar a especulacións sobre as caracteristicas e trazado da liña de alta velocidade galega”.

Deste modo, Gómez Alonso advertiu que “non é posible falar dunha data de remate cando nin tan sequera hai data de comezo en moitos tramos, e cando a hai, non se cumpre”.“2012, tal e como está a actuar o goberno, é unha mentira dita con números” dixo Gómez Alonso, quen lamentou que o Presidente da Xunta teña collido “o costume de enganar aos galegos como o fai coa situación económica, a aplicación da Lei da Dependencia ou nas infraestructuras”. Así, dixo, “o que é retorcido son as mentiras de Touriño, que parece volta as andadas de cando foi Secretario de Infraestructuras e borrou a Galicia do mapa do AVE”.

Gómez Alonso valorou as declaracións de onte de Touriño como “unha escusa non pedida, acusación de manifesto” e aclarou que “as vías do AVE non son nin rectas nin retorcidas, senón que lamentablemente non existen” e definiu a Zapatero, Touriño e Magdalena Álvarez como “un equipo perfecto para non facer nada”.

Por iso, engadiu o voceiro do PPdeG, o PSOE rexeitou que todos os partidos participaran na comisión de seguimento do AVE, “porque non hai ningunha obra que ensinar e hai demasiadas mentiras que agochar”.

No hay comentarios: