O GRUPO POPULAR PROPÓN BLINDAR A EXECUCIÓN DO PLAN DE ESTRADAS A TRAVÉS DUNHA COMISIÓN INTEGRADA POLOS TRES PARTIDOS E DESIGNADA POLO PARLAMETO
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular desvela que o Plan de Estradas da Xunta, presentado xa en dous actos públicos pola conselleira Caride aínda está sen redactar e limítase a un documento de power point
O voceiro de Obras Públicas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, instou hoxe aos grupos que apoian ao Goberno galego a poñer en marcha a creación dunha Comisión de Seguimento das Infraestruturas Viarias do Plan de Estradas de Galicia para blindar a execución desas actuacións e evitar que se sigan acumulando retrasos que prexudican ao conxunto dos galegos.
A proposta de Gómez Alonso, efectuada ao debater unha moción no Pleno de hoxe, xurde despois de constatar que a parálise do Goberno bipartito afecta a unha rede de 367,5 quilómetros de vías de alta capacidade, que suman un atraso medio de máis de dous anos. O retraso condiciona tamén un investimento superior aos 1.000 millóns de euros, feito que demostra que o bipartito non está a acelerar a execución de obra pública para impulsar a crise, desautorizando así un dos argumentos de Touriño.
RETRASOS DAS VAC´S
ACTUACIÓN KMS INVESTIMENTO M.€. RETRASO
Variante de Carballo 10 25 12 meses (1 ano)
A Estrada- AP 53 4,1 3,02 36 meses (3 anos)
Carballo-Fisterra
Vac Berdoias-Cee 60,83
10,5 128,17
33 24 meses (2 anos)
24 meses (2 anos)
Brión-Noia.
Variante Noia 21,08
4,7 61,56
70 24 meses (2 anos)
40 meses (3,4 anos)
Nadela-Sarria 26,8 81,83 18 meses (1,5 anos)
Sarria-Monforte 27,80 77,97 40 meses (3,4 anos)
Tui-A Guarda 24,30 59,16 40 meses (3,4 anos)
Ou- Celanova - fronteira Portugal 61,34 70,38 24 meses (2 anos)
Autoestrada Dozón- Ourense
Cabreiros-Vilalba
Tercera Ronda
Via Artabra
Marin-Pontevedra
Autovia Pontevedra-Vilagarcía
Vac Ferrol-San Cibrao 30,4
13,50
10.4
12,25
4,4
7,6
37,4 82,58
40,96
30
101
27
78
125 12 meses (1 ano)
24 meses (2 anos)
24 meses (2 anos)
36 meses (3 anos)
36 meses (2 anos)
24 meses (2 anos)
36 meses (3 anos)
367.4 1.094,61 27.7 MESES (2 anos)
Para contextualizar esta parálise, o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular insistiu en que nos tres anos transcorridos desde o cambio de Goberno, o bipartito non licitou un só quilómetro das novas estradas ou vías de alta capacidade postas en servizo na actual lexislatura,. xa que todas son herdanza do anterior Executivo do PPdeG. por iso, dos 582 quilómetros previstos (presupostados e en avanzado estado tramitación cando mudou o Goberno), ao remate da actual lexislatura tan só entrarán en servizo 142,6 quilómetros.
PARÁLISE DA XUNTA E DO ESTADO
Paralelamente, o deputado popular denunciou que a parálise do Executivo autonómico vai acompañada dunha situación semellante nas actuacións que son competencia do Goberno central, que ten paralizados ou retrasados un conxunto de 432,2 quilómetros de vías de alta capacidade (Autovías do Cantábrico, Santiago-Lugo, Ourense-Lugo, Pontevedra-Confurco e Ourense-Ponferrada), o que, no conxunto dos últimos catro anos, implicou que en Galicia se deixasen de efectuar investimentos valorados en arredor de 2.500 millóns de euros.
Para superar esta situación, a moción defendida polo PPdeG propoñía que o Parlamento inste á Xunta a iniciar ou rematar, segundo a situación de cada proxecto, as seguintes obras, nos prazos que se especifican:
A-52-Celanova-Fronteira Portuguesa: 2008/09 - 100% treitos en obras
Autovía Ferrol-Vilalba: 2009 - 100% treitos en servizo
Autovía do Barbanza 2008 - 100% treitos en servizo
Autovía Santiago-Pontevea: 2008 - posta en servizo inmediata
(Enlace AP-53): 2008 - en servizo
Autovía Dozón-Ourense: 2008 - 100% treitos en servizo
Vac Nadela-Sarria : 2008 - 100% treitos en servizo
Vac Carballo-Fisterra: 2008 - 100% en obras
Vac Brión-Noia: 2008 - 100% treitos en obras
Variante de Noia: 2008 - Licitación Ponte sobre a -Ría Guarda: 2008 - 100% treitos licitados
2009 - 100% treitos en obras
Vía Ártabra: 2008 - 100% treitos licitados
Vac da Costa Norte: 2008 - 100% treitos licitados
Vac Sarria-Monforte: 2008 - 100% treitos licitados
Simultaneamente, o PPdeG considera preciso que a Xunta demande do Ministerio de Fomento as seguintes actuacións:
Autovía do Cantábrico: 2008 - 100% treitos iniciados
Autovía Lugo-Ourense: 2008 - 100% treitos licitados
2008/09- 100% en obras
Autovía Lugo-Santiago: 2008 -100% treitos licitados
2008/09 - 100% en obras
Autovía Pontevedra-Vigo: 2009- 100% en obras
Autovía Chantada-Monforte: 2008- licitación conxunta Proxecto e obra
SEN RASTRO DO PLAN DE ESTRADAS
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular tamén denunciou na súa intervención que pese ás dúas presentacións públicas efectuadas pola conselleira de Política Territorial, é o certo que, a día de hoxe, a Xunta aínda non ten redactado o Plan de Estradas de Galicia. O único soporte documental dispoñible, agregou Gómez Alonso, é o power point utilizado por Caride nas presentacións.
Gómez Alonso recordou que Touriño presentou o Plan de Estradas “a bombo e platillo” e que a día de hoxe, tres meses despois, non se sabe nada do mesmo.
“O único que certifica ese feito é que os obxectivos do Plan Director de Infraestruturas e do Plan Galicia quédanlle moi grandes a este Goberno e non serán capaces de cumprilos ata 2020. De feito, Caride nin sequera foi quen de aprobar o Plan de Estradas provisionalmente, nin moito menos de levalo ao Consello da Xunta nin de sometelo a información pública”, afirmou o voceiro de Obras Públicas do Grupo Popular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario