miércoles, 10 de septiembre de 2008

O PPdeG RECLAMA A INMEDIATA CONSTITUCIÓN DA SUBCOMISIÓN DE SEGUIMENTO DO AVE E ADVIRTE QUE O PSOE NON QUERE TESTEMUÑAS INCÓMODAS NO SEO DESE ÓRGANO


Recorda que Quintana se comprometeu con Feijóo a que a Subcomisión estaría integrada por representantes dos tres partidos políticos con representación parlamentaria

Ruiz Rivas apunta que “a garantía do 8% de investimento non serve de nada se non se vela pola execución do 100% do Presuposto”, en alusión aos 2.000M€ que o Goberno central deixou se executar en Galicia na pasada lexislatura

“Señor Touriño: agardo que a historia do Ave en Galicia non sexa a historia dunha ave-struz, a historia dunha ave-ntura ou a historia de como se ave-rgoña un país”

O portavoz parlamentario do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, reclamou hoxe a inmediata constitución da subcomisión de seguimento das obras do trazado da alta velocidade ferroviaria en Galicia e advertiu da posible existencia de manobras para excluír ao PPdeG dese órgano, dadas as aínda recentes manobras do PSOE para evitar, a toda costa, a presencia de testemuñas incómodas. A demanda foi efectuada no Pleno do Parlamento, durante o debate dunha proposición non de lei conxunta dos tres grupos políticos para instar á Xunta a que reclame do Estado a creación desa subcomisión de seguimento do AVE Galego.

Fronte a eses intentos, o voceiro popular recordou que o propio vicepresidente da Igualdade, que tamén xestiona as competencias sobre as relacións institucionais do Goberno central, comprometeu a súa palabra co presidente do PPdeG ao asegurarlle que a subcomisión estará integrada por representantes das tres forzas políticas galegas con representación parlamentaria.

DILACIÓNS INNECESARIAS

Ruiz Rivas afirmou non entender as manobras de dilación encamiñadas a retrasar a posta en marcha desta subcomisión, que foi proposta nun primeiro momento polo PP no Congreso dos Deputados, pero que se topou daquela co voto en contra do PSOE. “Os galegos e as galegas empezamos a estar cansos das discusións estériles que mantemos sobre estes prazos e queremos comezar a ver realidade. Só esperan da clase política un mínimo de decencia e credibilidade”, nun “asunto de país no que non deben existir paternalidades partidarias”.

Pola contra, os sucesivos retrasos na posta en marcha da subcomisión de seguimento do AVE foron interpretados por Manuel Ruiz como unha manobra deliberada para evitar que esta poda poida influír na elaboración dos presupostos xerais do Estado para 2009, “a verdadeira ferramenta necesaria para que o Ave sexa una realidade nos prazos comprometidos. Todo o demais son promesas baleiras de contido que só buscan seguir enganado ás galegas e aos galegos”.

UN 8% DE DUBIDOSA UTILIDADE

Nesta liña, agregou que “de nada sirve que asignemos un presuposto se despois non o executamos”, como sucedeu na pasada Lexislatura, na que o Goberno central deixou de investir en Galicia máis de 2.000 millóns de euros, a pesar de que estaban consignados para financiar actuacións nas grandes obras públicas pendentes na Comunidade. Deste xeito, “a garantía do 8% de investimento que incluímos nesta iniciativa non sirve de nada se non se vela pola execución do 100% do presuposto”, aseverou Ruiz Rivas.

Con todo, o orador insistiu en que o PPdeG mantén a “man tendida” aos grupos que sustentan ao bipartito para “crear este e cantos órganos poidan servir para darnos forza en Madrid”, máxime tendo en conta que “todos parecen coincidir, menos o señor Touriño, en que é imposible que Galicia teña Ave no 2012”.

RESPONSABILIDADE DE TOURIÑO, PERO TAMÉN DO BNG

O voceiro parlamentario dos populares galegos lembrou a responsabilidade e os compromisos adquiridos polo presidente da Xunta no ámbito das infraestructuras. Tamén incitou ao BNG a recuperar o espírito inconformista, alonxado das comodidades da moqueta e do coche oficial en defensa dos intereses de Galicia, e recordoulles a sua cota de responsabilidade na situación actual: se Magdalena Álvarez continúa como ministra de Fomento foi porque o BNG a librou da reprobación á que foi sometida no Congreso.

No hay comentarios: