A XUNTA ENFRONTA A PEOR CRISE ECONÓMICA DOS ÚLTIMOS ANOS CUNS INVESTIMENTOS EN OBRAS PÚBLICAS QUE MEDRAN 4 VECES MENOS QUE NO ÚLTIMO EXERCICIO DO PPdG
Fronte a un crecemento do 28,3% no ano 2005, o capítulo de investimentos de Política Territorial medrará só un 6,13% no ano 2009.
• Gómez Alonso, voceiro de Obras Públicas do PPdeG, considera que as contas de Política Territorial deixan en evidencia “os contos da señora Caride”, que non consigna as partidas necesarias para actuacións como o Pitgal, o Plan Vigo Íntegra ou o Plan de Seguridade Vial.
• O PPdeG reitera que a rede viaria segue estancada, con 367,4 km de obras en diferentes vías dependentes da Xunta que acumulan retrasos de preto de 30 meses.
• A pesar de que 2008 foi un ano “especialmente duro para os transportistas de mercadorías”, Política Territorial non habilita os cartos comprometidos co sector.
Santiago, 27 de outubro de 2008.- Nun escenario de intensa crise económica, a peor dos últimos anos, o capítulo de investimentos da Consellería de Política Territorial só medrara un 6,13% no ano 2009, catro veces menos que no último orzamento elaborado polo PPdeG, o de 2005, no que os investimentos aumentaron un 28,3%. “¿É así como pretende reactivar a economía?”, preguntou o voceiro de Infraestructuras do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, á conselleira de Política Territorial na comparecencia parlamentaria de María José Caride para explicar as contas dese departamento para o ano próximo.
Como efectos inmediatos desa insuficiencia orzamentaria, o voceiro de Obras Públicas do PPdeG considerou que as contas presentadas hoxe deixan en evidencia “os contos da señora Caride”, porque non outorgan a cobertura económica necesaria para executar todos os proxectos que veu anunciando con insistencia durante os últimos meses.
PROMESAS SEN RESPALDO PRESUPOSTARIO
Como exemplos, Gómez Alonso referiuse ao Plan de Infraestructuras do Transporte (Pitgal), que “desaperece como tal” por falta de cartos; o Plan Vigo Íntegra, que contará só con 12,4 millons de euros en 2009, malia que precisaría máis de 166 millóns de euros o ano próximo para facer realidade o anunciado investimento de 2.000 milllóns de euros ata 2020; o Plan Director de Estradas, ao que continúa consignando partidas para financiar a realización de estudos (1,7 M€ en 2009); ou o Plan de Seguridade Vial, ao que só asigna o 6,4% do orzamento que lle correspondería no ano próximo. “Sobran exemplos –agregou o deputado popular- para amosar que as súas contas non son máis ca contos”.
Ademais do escaso esforzo investidor do departamento, Gómez Alonso amosouse convencido de que “pouca confianza poden xerar uns orzamentos onde o 20% das súas partidas están sen concretar”.
Como exemplo da escasa confianza que Política Territorial transmite ao conxunto da sociedade galega, o deputado popular recordou que un total de 367,7 quilómetros de obras en diferentes vías de titularidade autonómica acumulan un retraso medio de 27,7 meses, cun orzamento superior aos 1.000 millóns de euros, segundo se pode visualizar no cadro que se axunta.
ACTUACIÓN KMS INVESTIMENTO M€ RETRASO
Variante de Carballo 10 25 12 meses
A Estrada- AP 53 4,1 3,02 36 meses
Carballo-Fisterra 60,83 128,17 24 meses
Vac Berdoias-Cee 10,5 33 24 meses
Brión-Noia 21,08 61,56 24 meses
Variante Noia 4,7 70 40 meses
Nadela-Sarria 26,8 81,83 15 meses
Sarria-Monforte 27,80 77,97 40 meses
Tui-A Guarda 24,30 59,16 40 meses
Ou- Celanova -
fronteira Portugal 61,34 70,38 24 meses
Autoestrada Dozón-Ou 30,4 82,58 12 meses
Cabreiros-Vilalba
Tercera Ronda 13,50 40,96 24 meses
Via Artabra 10,4 30 24 meses
Marin-Pontevedra 12,25 101 36 meses
Autovia Pontevedra-
Vilagarcía 4,4 27 36 meses
Vac Ferrol-San Cibrao 7,6 78 24 meses
37,4 125 36 meses
-----------------------------------------------------------------------
367,4 1.094,61 27,7 MESES
Nesta liña, Gómes Alonso apuntou que a credibilidade da conselleira Caride queda en entredito ao evidenciar que a maior parte dos investimentos necesarios para executar as grandes obras públicas pendentes de executar en Galicia quedan aprazadas para o ano 2010 e seguintes, con investimentos que suman 724 millóns de euros, que se desagregan na relación que se axunta:
Obras Previsión orzamentaria CPTOT ano 2010 e seguintes
Autovía Sarria-Monforte 1ª fase 105,3 millóns de euros
Bemposta-A52 8,7 millóns de euros
Vía Ártabra 92,9 millóns de euros
Acceso Porto de Brens 38,6 millóns de euros
Variante Carballo 10 millóns de euros
Vac Brión- Noia 15 millóns de euros
Variante Noia 60,3 millóns de euros
Variante A Guarda 16,3 millóns de euros
Vac Ferrol-San Cibrao 127,9 millóns de euros
Autovía Pontevedra-Vilagarcía
(Curro-Baión) 55,9 millóns de euros
Autovía Pontevedra-Vilagarcía
(enlace Curro) 25,7 millóns de euros
Vac Berdoias-Cee 38,3 millóns de euros
Vac Marín-Pontevedra 5,8 millóns de euros
Vac Tui-A Guarda 22,1 millóns de euros
Pontevedra-Curro 19,4 millóns de euros
Rolda Bulevard (ourense) 7,5 millóns de euros
Tunel Beiramar 34,7 millóns de euros
Plan Paradai 4,5 millóns de euros
Variante Allariz 4,8 millóns de euros
Ronda Este Lugo 9,7 millóns de euros
Acceso Porto Seco 10,8 millóns de euros
Baralla-Cadavo 9,8 millóns de euros
Esta sucesión de retrasos explica que ao rematar a actual lexislatura só estarán en servizo 142,6 quilómetros de vías de alta capacidade, dun total de 582 quilómetros que deixou proxectados o PPdeG no ano 2005. “A conclusión é ben clara: a nosa rede viaria continúa estancada e os grandes proxectos construtivos atópanse retrasados ou paralizados”, afirmou Gómez Alonso á vista dos datos. “Malgastou a herdanza do PPdeG”, agregou o deputado dirixíndose á conselleira.
Na súa intervención, Gómez Alonso tamén cuestionou os orzamentos da Dirección Xeral de Urbanismo, na que os gastos de persoal medran un 61%; e os da Dirección Xeral de Portos, que só crecen un millón de euros, malia a transcendencia destes equipamentos para a economía de Galicia.
SEN CARTOS PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS
O PPdeG bota en falta, ao mesmo tempo, as partidas económicas necesarias para financiar os 7 eixes de actuación comprometidos por Política Territorial co sector do transporte de marcadorías por estrada en Galicia, a pesar de que este “foi un ano especialmente duro para o sector”.
1 comentario:
http://louboutinshop.co.uk This was the start of the famous attack, of which so much has been written in Washington and Oregon papers through out the years. [url=http://dkgoose.com]Canada Goose jakker[/url] Oqyigyoii http://canadagoosesweden.com
sfiyoj 716091 [url=http://www.canadagoosestorontofactory.ca]pictures of a goose[/url] 944544 [url=http://www.officialcanadagooseparkas.ca]canada goose jackets calgary[/url]
Publicar un comentario