lunes, 10 de noviembre de 2008

O PPdeG RECLAMARÁ A RETIRADA DO PLAN VIGO INTEGRA NO PLENO DO PARLAMENTO DA PRÓXIMA SEMANA

•Considera que “unha chapuza con 14 actuacións sen sentido” que, de aprobarse, afecta a milleiros de veciños con actuacións como o ramal da A-57 en Redondela ou a autovía Vigo-Porriño

•As ideas de bombeiro de Política Territorial levaron a deseñar unha vía de alta capacidade para conectar Gondomar con Tomiño, que contan cunha carretera pola que só transitan 1.500 vehículos diarios, mentres non prevé mellora algunha para a conexión entre Gondomar e A Ramallosa, pola que circulan cada día 14.000 vehículos

O PPdeG defenderá no Pleno do Parlamento que se inicia o próximo martes unha moción para instar á Xunta a retirar o Plan Vigo Íntegra e reiniciar a súa tramitación, negociando o seu contido con todos os afectados para tratar de conseguir un documento de consenso, en lugar do elevado rexeitamento social que suscita a proposta que defende a conselleira Caride para articular as comunicacións viarias da cidade olívica e os concellos do seu contorno.

Alejandro Gómez Alonso, voceiro de Obras Públicas do Grupo Popular, entende que o Plan Vigo Íntegra, que define como “unha chapuza con 14 actuacións sen sentido que deben ser reconsideradas” non debe ser aprobado, xa que unha vez superado ese trámite, os diferentes viais previstos quedan incorporados á ordenación urbanística dos concellos, cos conseguintes prexuízos para os propietarios de vivendas e instalacións que van quedar afectadas.

ELEVADA AFECCIÓN EN REDONDELA

Como exemplo, o PPdeG aposta pola alternativa 11 para a conexión da futura autovía A-57 (Pontevedra-O Confurco) co Aeroporto de Peinador, en lugar da denominada alternativa 5, escollida pola Xunta e Fomento, malia que provoca unha elevada afectación de vivendas e outras construcións nas parroquias redondeláns de Cesantes, O Viso e Redondela.

Da prevista Autovía Vigo-Porriño, o PPdeG cuestiona que con esta nova vía, o 28% do territorio do concello de Mos queda afectado por infraestruturas, ademais de supoñer unha alternativa inviable, que introduce o tráfico no centro da cidade de Vigo, complicando aínda máis a xa difícil accesibilidade desta urbe.

A votación desta moción no Pleno do Parlamento tamén permitirá calibrar a coherencia do BNG, que deberá elixir entre seguir sendo fiel aos veciños de concellos como Tomiño ou Gondomar –onde rexeitou o Plan Vigo Integra- ou darlle as costas aos afectados para manter a alianza co PSOE e apoiar os proxectos da conselleira Caride. “Veremos qué votan os nacionalistas vindeiro martes”, agrega Gómez Alonso

Neste sentido, Gómez Alonso solicitará a votación por puntos das diferentes demandas recollidas na moción e desenmascarar definitivamente ao BNG.

PROXECTOS SEN SENTIDO

Neste sentido, o PPdeG convidará a socialistas e nacionalistas a votar a favor da anulación, en Gondomar, da vía de alta capacidade con Tomiño, a circunvalación de Gondomar (afectará a 20 familias e deséñase a partir dunha cartografía de 1995, completamente anticuada)e a variante de Vincios. Esta reclamación foi apoiada por unanimidade polo Pleno do concello de Gondomar por entender que se trata de proxectos innecesarios.

En Tomiño, a vía de alta capacidade con Gondomar atravesaría 5 parroquias (Vilaza, Chain, Morgadáns, Peiteiros e Couso), desintegrando 8 núcleos de poboación e afectando directamente a máis de medio cento de vivendas. O actual enlace viario entre Gondomar e Tomiño rexistra un tránsito de pouco máis de 1.500 vehículos diarios, que non xustifica a construción dunha vía de alta capacidade. Pola contra, para a estrada que comunica Gondomar coa Ramallosa, pola que transitan 14.000 vehículos diarios, a Xunta non contempla mellora algunha, o que deixa en evidencia as “ideas de bombeiro” de Política Territorial.

Gómez Alonso defenderá tamén no Pleno do Parlamento a necesidade de reformular e consensuar cos veciños a variante de Ponteareas, que co seu deseño actual afecta ás parroquias de Arcos, Fontenla e Angoares.

Simultaneamente, os populares galegos volverán reclamar a anulación do proxectado carril-bici entre Vigo e A Ramallosa, un proxecto aberrante e inservible que resulta prexudicial para o concello de Nigrán. Afectará a máis 790 parcelas, danando a particulares e empresas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noraboa Alejandro polo recital que o outro dia deste no programa da galega " Hai debate" nin Pablo nin Carme souperon calarche a boca estuveste fantasstico.
Agora xa che toca poñerte a retomar o proxecto da ponte sobre a ría en NOia que as autonómicas están preto e imolas gañar e o mais importante imos sacar 39 deputados seguro.Un saludo crak.
GRAZAS POR NADA ADEUS BIPARTITO